Década de 640
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VII | |||||
| |||||
|
640
- Artigo principal: 640.
- 28 de maio - Severino é consagrado papa (aínda cando fora elixido en 638, á morte de Honorio I), mais falece poucas semanas logo.
- Decembro - Xoán IV é elixido novo pontífice romano.
- Comeza o seu reinado Tulga, monarca dos visigodos (até 642).
- Hispania: Froitoso de Braga funda o mosteiro dos santos Xusto e Pastor no val de Compludo, no Bierzo.
641
- Artigo principal: 641.
- Sobe ao trono bizantino Constante II (até 668).
- Aiulfo I convértese en duque de Benevento.
642
- Artigo principal: 642.
Asia oriental
- India: vitoria do rei Narasimha-varman, da dinastía Pallava sobre os Châlukya de Bâdâmi, que é saqueada.
Oriente Próximo
- Os árabes toman Alexandría. Os bizantinos abandonan a cidade. Nominalmente Exipto cae no poder do islam. Fúndase a cidade de Fustat (O Cairo), nova capital de Exipto.
- O xeneral árabe Amr apodérase de Barga, Cirenaica.
- Batalla de Nahavand: os musulmáns vencen os persas de Yazdgard III: fin do Imperio sasánida. O monarca sasánida refúxiase en Merv.
- Os árabes, baixo o mando do xeneral Abd-ar-Rahman forzan a Armenia a capitular, e pasa a formar parte do Imperio islámico.
Europa
- 5 de agosto - Batalla de Maserfield: O rei de Northumbria, Oswald, é vencido é morto por Penda de Mercia.
- Oswy, novo rei de Northumbria (642 -670).
- 24 de novembro - É elixido papa Teodoro I.
- Triunfante a sublevación de Khindasvinto, o rei dos visigodos Tulga é deposto e recluído nun mosteiro. Khindasvinto pasa a ser o novo monarca (até 653).
643
- Artigo principal: 643.
644
- Artigo principal: 644.
Asia Oriental
- O xeneral chinés Kuo Hiao-k'o toma por sorpresa Qarachahr, no Tarim, cuxos habitantes estaban aliados a turcos disidentes.
Oriente Próximo
- Os musulmáns toman a cidade de Ray, no corazón de Persia, afundindo definitivamente o imperio sasánida.
- 4 de novembro - Otman é elixido califa (até 656).
645
- Artigo principal: 645.
- 12 de xullo - Inicio do reinado de Kōtoku, emperador do Xapón (até 654).
646
- Artigo principal: 646.
- Radoaldo convértese en duque de Benevento.
- 16 de outubro: VII Concilio de Toledo na Hispania visigoda.
647
- Artigo principal: 647.
- Os musulmáns arrebatan a Tripolitania, no Norte de África, aos bizantinos.
Ciencia e tecnoloxía
- Constrúese unha torre, como observatorio astronómico, denominada Cheomseongdae, en Silla (reino de Corea meridional), arredor deste ano.
648
- Artigo principal: 648.
Asia
- Os árabes toma a cidade persa de Persépole (Istakhr).
Mundo Mediterráneo
- Constante II, emperador de Bizancio, publica "Typos", edito polo cal prohibe calquera querela dogmática e confirma o monotelismo.
649
- Artigo principal: 649.
- Unha frota musulmá enviada desde Alexandría, Exipto, apodérase da illa de Chipre.
- Iníciase o goberno de Recesvinto (até 672), como asociado do rei Khindasvinto (até 653).
- Martiño I é novo papa, sucedendo a Teodoro I.